31 de mayo de 2012

CANTOS DE NAIS



Raquel e Esther nun momento da súa actuación

A VACA MARELA



Eu teño unha vaca marela
que é o demo a condenada,
presume de vaca moderna
e non quere traballar.

Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.

Puxo a permanente no rabo
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.

Nin dá leite nin dá nada
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.


Nesta ocasión tivemos uns invitados especiais, os nosos amig@s de 4º

Estivemos moi atentos e participamos cantando e tocando


Raquel e Esther contaron coa colaboración de Noela e Raúl, dignos sucesores das súas nais



¡MOITAS GRAZAS ESTHER, RAQUEL

POLA VOSA COLABORACIÓN, ENTUSIASMO E IMPLICACIÓN!












24 de mayo de 2012

A PROFE REYES CONTOUNOS UN CONTO

Para celebrar as Letras Galegas os profes acordaron contarnos contos polas clases. Cada profe escolleu un grupo a quen contarllo e onda nos, os nen@s de 3 anos, veu a profe Reyes (estamos seguros que ten debilidade por nos...) 





Mirade as nosas caras e veredes como o pasamos!!








 


O rematar regalounos un monicreque de Pulguiña a cada un. ¡Que contentos marchamos para casa! 
 ¡Grazas Reyes!        

22 de mayo de 2012

OS GUSANOS DE SEDA

Este curso, os nenos e nenas de 5 anos fomos "A clase das bolboretas", ... e non hai mellor maneira de rematar que coidando gusanos de seda.

Estes son os nosos bichiños:



Só comen follas de moreira

Irémosvos ensinando pouco a pouco o seu ciclo vital, ata que se convertan en bolboretas...





AS LETRAS GALEGAS EN 5 ANOS



Para celebrar o día das Letras Galegas 2012, os profes intercambiamos as clases para facer unha sesión de contacontos. Na clase de 5 anos estivo a profe Begoña, que nos contou o conto "A mosca chosca".
Pasámolo moi ben...!!!!  



















18 de mayo de 2012

OS CUMPRES DO MES DE ABRIL


No mes de Abril, tamén celebramos os cumpres...esta vez só cumprían dous nenos...Moitas felicidades para Adrián e Anxo!!!


 


17 de mayo de 2012

CANCIÓNS E CONTOS DE PITIÑOS E GALIÑAS

   Aquí vos deixamos algunhas das cancións
e un dos contos  que traballamos durante o proxecto.
Aos nosos meniños encántanlles!

LA GALLINA Y EL GALLO

                                  
                                               EL POLLITO AMARILLITO

 

COCORICO  

OS PITIÑOS DE ROSA

Para axudarnos co noso proxecto, Rosa, a mamá de Saúl, tróuxonos uns pitiños da granxa dos avós. Estes xa teñen 15 días e os nenos quedaron impresionados do grandes que eran comparándoos cos nosos.

Moitas grazas Rosa!


14 de mayo de 2012

NACEU O PRIMEIRO PITIÑO!!!

O xoves día 9 un pitiño empezou a romper a cáscara do seu ovo e o venres, cando chegamos a clase...SORPRESA!!! O pitiño xa nacera!

¡QUE FEITIÑO!


Deseguida empezou a espabilar e pronto non deixou de moverse pola incubadora.






Como xa non podía estar dentro da incubadora fixemos o sorteo e Candela foi a primeira afortunada, mirade que contenta estaba co seu pitiño, que decidiu se chamaría Pepe, coma o  do conto.





PROXECTO: OS PITIÑOS

Neste trimestre os cativos de Maceda estamos a traballar no derradeiro proxecto do curso: OS PITIÑOS.
A profe Belén tróuxonos unha incubadora e tamén uns ovos fecundados. Os papás de Juan tamén nos aportaron ovos de pato, kika, ovos azuis.. Os primeiros que puxemos na incubadora non chegaron ao seu fin, pero unha segunda tandada de ovos cumpriu xa os 21 días de incubación.

 






 As familias, coma sempre, colaboraron  moito e grazas a todo o material que conseguimos aprendimos un montón de sobre pitos, galiñas, ovos e aves en xeral. Tamén coñecimos bastantes contos e cancións sobre o tema. Alba mesmo se atreveu a compoñer a súa propia melodía...



 
 
























































3 de mayo de 2012

AS GAFAS DE JOEL



Hoxe  Joel trouxo ao cole por primeira vez as súas gafas. Ao principio estaba un pouco disgustado, pero enseguida se alegrou xa que a todos nos gustaron un montón. A profe Belén explicounos que as gafas teñen algo de maxia, xa que nos deixan ver moitas cousas que antes non podiamos....!!!! Siiiii que sorte  temos.


Acabamos facendo unhas fotos de todos con Joel e de todos os que temos gafas na clase....que xa somos 4!!!