O xoves día 9 un pitiño empezou a romper a cáscara do seu ovo e o venres, cando chegamos a clase...SORPRESA!!! O pitiño xa nacera!
¡QUE FEITIÑO!
Deseguida empezou a espabilar e pronto non deixou de moverse pola incubadora.
Como xa non podía estar dentro da incubadora fixemos o sorteo e Candela foi a primeira afortunada, mirade que contenta estaba co seu pitiño, que decidiu se chamaría Pepe, coma o do conto.

Tivo que ser toda unha experiencia...
ResponderEliminarDa gusto ter profes así.
Moitas grazas Fátima! Ti tamén eres un gran exemplo a seguir!
Eliminar