14 de mayo de 2012

PROXECTO: OS PITIÑOS

Neste trimestre os cativos de Maceda estamos a traballar no derradeiro proxecto do curso: OS PITIÑOS.
A profe Belén tróuxonos unha incubadora e tamén uns ovos fecundados. Os papás de Juan tamén nos aportaron ovos de pato, kika, ovos azuis.. Os primeiros que puxemos na incubadora non chegaron ao seu fin, pero unha segunda tandada de ovos cumpriu xa os 21 días de incubación.

 






 As familias, coma sempre, colaboraron  moito e grazas a todo o material que conseguimos aprendimos un montón de sobre pitos, galiñas, ovos e aves en xeral. Tamén coñecimos bastantes contos e cancións sobre o tema. Alba mesmo se atreveu a compoñer a súa propia melodía...



 
 
























































No hay comentarios:

Publicar un comentario