23 de octubre de 2011

O COELLIÑO BRANCO



Este é outro dos nosos contos favoritos. Algúns case nolo aprendimos de memoria...






Tamén aprendimos esta canción:  
O COELLO

O coello queda encerrado
Da tobeira non pode saír.
Ábrese a porta, péchase a porta
E o coello sae moi feliz.
O coello xa saiu da casa,
Corre brinca e ponse a saltar

Ábrese a porta, péchase a porta
E o coello entra a descansar.

15 de octubre de 2011

OS TRES PORQUIÑOS




Como nos gustou o conto dos tres porquiños!!!



Candela e Martín fixérono estupendamente e estivemos todos moi atentos
cando eles no lo contaron.


3 de octubre de 2011

COÑECEMOS CONTOS

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA

Gústanos moito que as profes nos conten contos e iste da eiruga é un dos nosos preferidos...



                                                    Logo facemos actividades con eles.
                                               Encántanos pintar con pintura de dedos!!!





Traballamos moi concentrados e pasámolo moi ben!









¿A que nos quedou moi ben?



Deixámovos un pequeno vídeo de youtube onde se ve perfectamente o paso de eiruga a bolboreta, é moi curto pero precioso.