30 de abril de 2012

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO



O día 23 de abril é o Día Internacional do Libro e é unha conmemoración celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar la lectura.


 Este ano, os profesores co colexio quixemos celebrar o Día do Libro dun xeito especial e para iso escollemos un par de contos para representarllos aos nosos alumn@s.  Disfrutamos moitísimo preparándoos e aínda máis na dramatización. Deixámosvos unhas fotos para que vos fagades unha idea de como resultou todo.
A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR












25 de abril de 2012

O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO VISITOU O NOSO COLE



O día 19 de abril visitou o noso colexio o ilustrador Abraham Carreiro.A esta xuntanza foron todos os alumn@s do centro. O ilustrador, ademáis de presentar a súa colección de libros CONTOS QUE LEN OUTROS NENOS DO MUNDO, tamén nos falou do seu novo libro XOELIKI.
Abraham Carreiro realizou un obradoiro de debuxo, mostrándonos técnicas sinxelas para ilustrar. Finalmente, invitámolo a apadriñar a nosa nova biblioteca, que a partir desta data leva o seu nome: BIBLIOTECA ABRAHAM CARREIRO.




A PLANTACION

Coa chegada da primavera, decidimos decorar a entrada do noso colexio, e convertémonos en xardineiros por un día. Plantamos bulbos de plantas, semillas, plantas con flores, e ata leitugas, tomates e fabas... agora toca coidalas con moito cariño e amor.



15 de abril de 2012



JOAN MIRÓ


Joan Miró tiña encerradas no seu estudo branco cinco manchas de pintura.
Eran salvaxes, frescas e con moitas ganas de manchar.
Entón entrou Joan co seu látego novo e puxo traxe de domador,
zapatos de domador, sorriso de domador... e cabelos de prata.


Os cativos de Maceda quixemos adentrarnos no mundo máxico e de cor de Joan Miró.


"MUJER ANTE EL SOL"

"AUTORRETRATO"
A través deste conto tan fermoso, de información que nos aportastes dende as casas, láminas, libros e material de internet, coñecemos un montón de cadros que nos encantaron. Traballamos con algún deles e convertímonos, por momentos, en grandes pintores.
"EL ORO DEL AZUL"
"MADRE E HIJA DELANTE DEL SOL"
                   L                                                                                






13 de abril de 2012

DESPEDIMOS A PROFE PAMELA

AULA DE 3 ANOS


Esta semana tivemos que despedir a profe Pamela. Veunos visitar e tróuxonos unhas tartas riquíiiiiiiiiisimas de gominolas.

¡¡Pamela, nunca te imos esquecer!!
AULA DE 5 ANOS

AULA DE 4 ANOS






8 de abril de 2012

CONTO: O CAMALEÓN CAMALEÓNICO

O CAMALEÓN CAMALEÓNICO

Este é outro dos nosos contos favoritos, e con el aprendimos que non hai nada mellor que ser un mesmo, por moito que nos guste a apariencia ou as cousas dos demáis.



Entre todos decoramos o camaleón de distintas cores empregando diferentes técnicas e texturas.