20 de diciembre de 2011

18 de diciembre de 2011

MENÚ CULTURAL DE NOVEMBRO-DECEMBRO

Este curso queremos que coñezades cada mes unha melodía distinta e presentarvos aos seus compositores, músicos, epocas ou estilos.

Iniciamos o menú cultural co músico galego máis internacional, CARLOS  NÚÑEZ, que leva o folklore galego a escenarios de todo o mundo, fusionándoo con todo tipo de músicas.
Escoitade que ritmo!!


17 de diciembre de 2011

CUMPREANOS DE XIANA

Mirade que contenta estaba Xiana na celebración do seu cumpreanos!!
Pasámolo todos moi ben!



18 de noviembre de 2011

CANCIÓN Yo tengo una casita

Outra das actividades que máis nos gusta facer en clase é cantar e facémolo moi a miúdo. Iremos subindo todas cancións que poidamos para que as coñezades e cantedes con eles.


16 de noviembre de 2011

O OUTONO





Os nen@s de 3 e 5 anos quixemos facer o noso propio bosque de outono...pero ainda estamos acabando de decoralo...  ¿sabedes quén vive nese bosque?   sí, sí....son os pitufos. Os cogomelos foron feitos con actimel e copa de danone. Pasamos unha tarde enteira traballando...pero a que o resultado é xenial????

A CLASE DAS BOLBORETAS

 Este curso 2011/2012 os nenos e nenas de 5 anos decidimos ser a clase das bolboretas. Estamos traballando neste proxecto. 





As familias aportaron moito material e información , e coma sempre agradecemos moito a súa colaboración.





Hai vos quedan algunhas fotiños dos nosos traballos relacionados con este proxecto.



                                   ¿ESCOLA TRADICIONAL OU ESCOLA INNOVADORA?

23 de octubre de 2011

O COELLIÑO BRANCO



Este é outro dos nosos contos favoritos. Algúns case nolo aprendimos de memoria...






Tamén aprendimos esta canción:  
O COELLO

O coello queda encerrado
Da tobeira non pode saír.
Ábrese a porta, péchase a porta
E o coello sae moi feliz.
O coello xa saiu da casa,
Corre brinca e ponse a saltar

Ábrese a porta, péchase a porta
E o coello entra a descansar.

15 de octubre de 2011

OS TRES PORQUIÑOS




Como nos gustou o conto dos tres porquiños!!!



Candela e Martín fixérono estupendamente e estivemos todos moi atentos
cando eles no lo contaron.


3 de octubre de 2011

COÑECEMOS CONTOS

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA

Gústanos moito que as profes nos conten contos e iste da eiruga é un dos nosos preferidos...



                                                    Logo facemos actividades con eles.
                                               Encántanos pintar con pintura de dedos!!!





Traballamos moi concentrados e pasámolo moi ben!









¿A que nos quedou moi ben?



Deixámovos un pequeno vídeo de youtube onde se ve perfectamente o paso de eiruga a bolboreta, é moi curto pero precioso.






30 de septiembre de 2011

CELEBRAMOS OS NOSOS CUMPRES

A finais de cada mes celebremos os cumpreanos dos nenos e nenas de 3 e 5 anos.







                                                             Pasámolo moi ben!!!

22 de septiembre de 2011

OS PRIMEIROS DIAS DE COLE...


     Xa chegamos a tres anos
e estamos a empezar unha nova etapa moi importante.

   Os primeiros días non sempre foron sinxelos,
pero como podedes ver enseguida nos adaptamos,
exploramos, xogamos e
fixemos amig@s.








Xogamos sós e cos amigos...

Menuda torre!!




 

MAFALDA E O PRIMEIRO DIA DE COLEXIO