27 de febrero de 2012

CONTO: EL PUNTO



Fai uns días coñecimos un conto que nos gustou moitooooo. Titúlase EL PUNTO de Peter Reynolds.
 É un conto que nos demostra como un reforzo positivo é capaz de sacar o mellor de cada un, descubrir o "noso punto" para atopar o camiño.









Disfrutamos co conto, mesmo o aprendimos de memoria, e logo imitamos a Vasti debuxando os nosos propios puntos. O resultado non estivo nada mal, verdade?





23 de febrero de 2012





A PROFE ISA TOCOU PARA NÓS

               Neste entroido, de ahí a nosa indumentaria, veu a profe Isa a tocar para nós e mostrarnos varios instrumentos colaborando no noso proxecto de Músicos. Que sorte temos cos profes de este cole. GRAZAS ISA, volve pronto!!



  



22 de febrero de 2012

DISFRAZÁMONOS!!

No remate do entroido cada un disfrazouse do que quixo e así de guapos estábamos os cativos de 3 anos.



21 de febrero de 2012

ORDES DO MECO EN 3 ANOS

Durante a semana previa ao entroido cumprimos as ORDES DO MECO e viñemos ao cole con complementos na cabeza, como "marujas", en pixama, bata e zapatillas e coa roupa do revés.
¡Foi unha semana moi divertida!



20 de febrero de 2012

XOVES COMADRES

Esta semana foron as nenas as protagonistas do entroido e tiveron que recuperar a comadre das mans dos nenos. Como podedes ver,estivo moi equilibrada a disputa.  Pasámolo estupendamente!!



 

15 de febrero de 2012

VISITOUNOS RUBÉN


                           A semana pasada visitounos Rubén, o tío de Héctor, para colaborar
no noso proxecto "MÚSICOS".
                            Mostrounos como era unha guitarra e tocou para nos cancións
que traballáramos en clase.

Acompañouno coa súa guitarra, Héctor. Qué ben o fixo e que concentrado estaba!!




Estivemos moi atentos e cantamos con el.




Héctor deulle a Rubén un pequeno agasallo de parte de todos para que non se esqueza de nos.


¡MOITAS GRAZAS RUBÉN!

12 de febrero de 2012

COMENZA O ENTROIDO!!

Este xoves pasado empezamos coas actividades de Entroido. Celebramos o XOVES DE COMPADRES e disfrutamos do lindo tentando coller o compadre e logo saltando a fogueira. Aínda nos quedan moitas cousiñas para esta semana que inicia e irémosvos contando todo o que pase estes días no colexio.
Ah! Non esquezades facer caso ao MECO e traer todo o que vos mande!!


9 de febrero de 2012

¡VOLVE PRONTO XIANA!

 Noroboa Xiana,  sabemos que todo saiu moi ben e que xa estás na casa. Recupérate rápido que queremos que pronto estes connosco.
Unha aperta moi, moi forte de todos



7 de febrero de 2012

CUMPREANOS DE XANEIRO

         Con un pouquiño de retraso pola cantidade de enfermiños que había nas aulas, celebramos os cumpreanos de xaneiro e, coma sempre, pasámolo estupendamente!!



3 de febrero de 2012

Canción da PAZ - "Color esperanza" (Diego Torres)






Así rematamos a celebración do día da Paz.
¡Foi moi emotivo!



CELEBRAMOS TODOS XUNTOS O DIA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ.
Nos días previos pintamos entre todos un fermoso mural que pon unha nota de cor no noso colexio. Todos quixemos colaborar, aínda que algún pequeno non tivo ocasión de facelo porque estaba enfermo.
Para commemorar este día xuntámonos todos na pista do centro, lemos un manifesto e cantamos a canción de Diego Torres, COLOR ESPERANZA, encántanos!!! Os compañeiros de 5º agasalláronnos con apertas a todos.



OS PEQUES MAIS MARCHOSOS DE MACEDA


Na festa de cumpreanos de xaneiro bailamos ao ritmo da canción máis coñecida deste inverno: MOSSA.
Non o facemos nada mal, verdade?