25 de enero de 2012

Estes peques nunca deixan de sorprendernos



Nós traballando un proxecto de músicos ...e resulta que os artistas témolos na clase.
MENUDA SORPRESA!!!!!


SAUDOS PARA OS NEN@S MALIÑOS

Estos días están faltando moitos nen@s porque están maliños. Desde aquí queremos mandar un buiquiño a todos, que vos recuperedes e volvades pronto!!!!

Adrián estivo ingresado ...case unha semana...!!!! Pero por sorte, agora xa está na casa xogando e recuperándose. Volve pronto Adrián, estamos desexando que nos contes as túas aventuras no hospital...e ademáis temos un montón de debuxos gardados feitos con todo o cariño para ti.

Volvede pronto que vos botamos de menos!!!!

23 de enero de 2012

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Que gran día tivemos! Fomos coñecer a nova biblioteca do colexio, ¡que bonita está! Recibiunos a profe Esther e contounos un conto. Tamén nos presentou a BIBLIÑO, a mascota do noso cole e finalmente escolleunos un libro para cada un.
Moitas grazas profe Esther, volveremos moi pronto a visitarte!



COÑECEMOS A LETRA "A"

Hoxe estivemos a traballar a letra A. Xa a coñecíamos un pouco, (algúns bastante)e fixémolo a través dun pequeno conto. Identificámola perfectamente nos nomes dos personaxes. Como podedes ver, calquer escenario é bo para traballar-xogar.




21 de enero de 2012

CANCIÓN Os dedos

Mirade que ben cantan os nosos meniños!
Grazas á canción dos dedos sabemos todos os seus nomes, así resulta moito máis doado..



19 de enero de 2012

INICiÁMONOS NO RECORTADO

Xa nos estamos a facer maiores e adquirimos novas habilidades. Fixádevos que concentrados estamos e cantas ganas lle pomos a todo o que facemos.



18 de enero de 2012

MENÚ CULTURAL DE XANEIRO

Este mes de xaneiro, aproveitando a recente chegada dos Reis Magos ou Papá Noel con agasallos para os meniños, quixemos que coñeceran unha das sinfonías máis coñecidas, a SINFONIA DOS XOGUETES, atribuida inicialmente a L. Mozart (o pai de W.A. Mozart) aínda que hoxe se fala de que dita obra é dun monxe benedictino chamado Edmund Angerer. Nesta peza mestúranse os instrumentos habituais dunha orquestra con algún xoguete sonoro coma os canarios-silbatos, a carraca o triángulo e mesmo un tambor de hoxalata.
Disfrutádea escoitándoa cos vosos pequechos!





16 de enero de 2012

RECIBIMOS O INVERNO

Nestes días estamos a coñecer todo o que trae consigo o inverno: o tempo, a vexetación, animais, prendas de vestir... Decidimos poñernos ben guapos cos nosos gorros, bufandas e luvas e mostrarvos o mural que preparamos entre todos.


13 de enero de 2012

AUMENTA A FAMILIA DE 5 ANOS

O próximo luns virán dous nenos novos para a clase de 5 anos, Abraham e Daniel. Como somos tantos,  decidimos pasar a tres compañeiros para a clase de 4 anos. Nunca nos olvidaremos dos bos e simpáticos momentos que nos fixeron pasar. Aquí vos deixo algunhas fotiños de Ismael, Cristian e Isaac.





 Facendo de cociñeiros!!!

Alguns venres pola tarde subimos a audiovisuales a ver unha peli...pero Ismael estaba moi canso despois de traballar  toda a semana e case sempre botaba unha sestiña. 





 Xogando no patio.



A Isaac gústalle moito durmir ...e dalle igual a postura, dorme ata sentado!!!
Bueno, pois un biquiño para os tres
seguirémonos vendo no patio.

CELEBRAMOS OS CUMPREANOS DE DECEMBRO

Coma sempre, fixemos unha gran festa para celebrar os cumpres do mes de decembro. Comemos, bailamos... en fin, pasámolo moi ben.


FELICIDADES A ARÓN, SABELA E BRAIS







 Que maravilloso sorriso ten Xiana...e que ben o pasa !!!





10 de enero de 2012

VISITARONNOS PAPA NOEL E O SEU ELFO

                 Xa rematou o nadal, pero seguimos gozando deste momentos dos nosos cativos. Uns riron, outros non tanto, pero todos, todos levaron unha grande sorpresa cando, de repente, alguén chamou á nosa porta....