18 de enero de 2012

MENÚ CULTURAL DE XANEIRO

Este mes de xaneiro, aproveitando a recente chegada dos Reis Magos ou Papá Noel con agasallos para os meniños, quixemos que coñeceran unha das sinfonías máis coñecidas, a SINFONIA DOS XOGUETES, atribuida inicialmente a L. Mozart (o pai de W.A. Mozart) aínda que hoxe se fala de que dita obra é dun monxe benedictino chamado Edmund Angerer. Nesta peza mestúranse os instrumentos habituais dunha orquestra con algún xoguete sonoro coma os canarios-silbatos, a carraca o triángulo e mesmo un tambor de hoxalata.
Disfrutádea escoitándoa cos vosos pequechos!





No hay comentarios:

Publicar un comentario