Raquel e Esther nun momento da súa actuación |
A VACA MARELA
Eu teño unha vaca marela
que é o demo a condenada,
presume de vaca moderna
e non quere traballar.
que é o demo a condenada,
presume de vaca moderna
e non quere traballar.
Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
Puxo a permanente no rabo
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.
Nin dá leite nin dá nada
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.
Nesta ocasión tivemos uns invitados especiais, os nosos amig@s de 4º |
Estivemos moi atentos e participamos cantando e tocando |
Raquel e Esther contaron coa colaboración de Noela e Raúl, dignos sucesores das súas nais |
¡MOITAS GRAZAS ESTHER, RAQUEL
POLA VOSA COLABORACIÓN, ENTUSIASMO E IMPLICACIÓN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario