25 de enero de 2012

Estes peques nunca deixan de sorprendernos



Nós traballando un proxecto de músicos ...e resulta que os artistas témolos na clase.
MENUDA SORPRESA!!!!!


SAUDOS PARA OS NEN@S MALIÑOS

Estos días están faltando moitos nen@s porque están maliños. Desde aquí queremos mandar un buiquiño a todos, que vos recuperedes e volvades pronto!!!!

Adrián estivo ingresado ...case unha semana...!!!! Pero por sorte, agora xa está na casa xogando e recuperándose. Volve pronto Adrián, estamos desexando que nos contes as túas aventuras no hospital...e ademáis temos un montón de debuxos gardados feitos con todo o cariño para ti.

Volvede pronto que vos botamos de menos!!!!

23 de enero de 2012

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Que gran día tivemos! Fomos coñecer a nova biblioteca do colexio, ¡que bonita está! Recibiunos a profe Esther e contounos un conto. Tamén nos presentou a BIBLIÑO, a mascota do noso cole e finalmente escolleunos un libro para cada un.
Moitas grazas profe Esther, volveremos moi pronto a visitarte!



COÑECEMOS A LETRA "A"

Hoxe estivemos a traballar a letra A. Xa a coñecíamos un pouco, (algúns bastante)e fixémolo a través dun pequeno conto. Identificámola perfectamente nos nomes dos personaxes. Como podedes ver, calquer escenario é bo para traballar-xogar.




21 de enero de 2012

CANCIÓN Os dedos

Mirade que ben cantan os nosos meniños!
Grazas á canción dos dedos sabemos todos os seus nomes, así resulta moito máis doado..



19 de enero de 2012

INICiÁMONOS NO RECORTADO

Xa nos estamos a facer maiores e adquirimos novas habilidades. Fixádevos que concentrados estamos e cantas ganas lle pomos a todo o que facemos.



18 de enero de 2012

MENÚ CULTURAL DE XANEIRO

Este mes de xaneiro, aproveitando a recente chegada dos Reis Magos ou Papá Noel con agasallos para os meniños, quixemos que coñeceran unha das sinfonías máis coñecidas, a SINFONIA DOS XOGUETES, atribuida inicialmente a L. Mozart (o pai de W.A. Mozart) aínda que hoxe se fala de que dita obra é dun monxe benedictino chamado Edmund Angerer. Nesta peza mestúranse os instrumentos habituais dunha orquestra con algún xoguete sonoro coma os canarios-silbatos, a carraca o triángulo e mesmo un tambor de hoxalata.
Disfrutádea escoitándoa cos vosos pequechos!