Este é outro dos nosos contos favoritos, e con el aprendimos que non hai nada mellor que ser un mesmo, por moito que nos guste a apariencia ou as cousas dos demáis.
Entre todos decoramos o camaleón de distintas cores empregando diferentes técnicas e texturas.
E continuando co noso proxecto OS MÚSICOS tocaron para nós Reyes, Cris e Isa. Ensináronnos como eran os seus instrumentos, como se chamaban cada unha das súas partes e finalmente deixáronolos coller e convertirnos en músicos por un ratiño.