15 de febrero de 2012

VISITOUNOS RUBÉN


                           A semana pasada visitounos Rubén, o tío de Héctor, para colaborar
no noso proxecto "MÚSICOS".
                            Mostrounos como era unha guitarra e tocou para nos cancións
que traballáramos en clase.

Acompañouno coa súa guitarra, Héctor. Qué ben o fixo e que concentrado estaba!!




Estivemos moi atentos e cantamos con el.




Héctor deulle a Rubén un pequeno agasallo de parte de todos para que non se esqueza de nos.


¡MOITAS GRAZAS RUBÉN!

12 de febrero de 2012

COMENZA O ENTROIDO!!

Este xoves pasado empezamos coas actividades de Entroido. Celebramos o XOVES DE COMPADRES e disfrutamos do lindo tentando coller o compadre e logo saltando a fogueira. Aínda nos quedan moitas cousiñas para esta semana que inicia e irémosvos contando todo o que pase estes días no colexio.
Ah! Non esquezades facer caso ao MECO e traer todo o que vos mande!!


9 de febrero de 2012

¡VOLVE PRONTO XIANA!

 Noroboa Xiana,  sabemos que todo saiu moi ben e que xa estás na casa. Recupérate rápido que queremos que pronto estes connosco.
Unha aperta moi, moi forte de todos



7 de febrero de 2012

CUMPREANOS DE XANEIRO

         Con un pouquiño de retraso pola cantidade de enfermiños que había nas aulas, celebramos os cumpreanos de xaneiro e, coma sempre, pasámolo estupendamente!!



3 de febrero de 2012

Canción da PAZ - "Color esperanza" (Diego Torres)






Así rematamos a celebración do día da Paz.
¡Foi moi emotivo!



CELEBRAMOS TODOS XUNTOS O DIA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ.
Nos días previos pintamos entre todos un fermoso mural que pon unha nota de cor no noso colexio. Todos quixemos colaborar, aínda que algún pequeno non tivo ocasión de facelo porque estaba enfermo.
Para commemorar este día xuntámonos todos na pista do centro, lemos un manifesto e cantamos a canción de Diego Torres, COLOR ESPERANZA, encántanos!!! Os compañeiros de 5º agasalláronnos con apertas a todos.



OS PEQUES MAIS MARCHOSOS DE MACEDA


Na festa de cumpreanos de xaneiro bailamos ao ritmo da canción máis coñecida deste inverno: MOSSA.
Non o facemos nada mal, verdade?