21 de junio de 2012

SORPRESA, SORPRESA...

"Dime, e o esquezo, ensíname e o lembro, involúcrame e o aprendo"

Mil gracias a todos os papis/mamis dos meus pequerrechos pola magnífica sorpresa de hoxe..., non cabe duda de que é a mellor recompensa ao meu traballo, gracias pola xenerosidade e confianza ao longo de estes dous anos. Por primeira vez podo dicir que non é unha despedida completa, xa que nos seguiremos vendo no curso que vén. Aínda que nesa placa falta un nome, por error "Alberto", podo dicir que non pasa nada, xa que todos os nomes dos meus nenos están grabados no meu corazón. Non me olvidarei de tantos momentos bos que pasamos, tantas actividades, xogos, talleres de pais, proxectos...sempre intentando ofrecerlles aos peques as experiencias mais cercanas e divertidas para eles... e o mellor de todo, neste traballo con nenos, é poder disfrutar da súa cara de alegría e emoción así como da súa gratitude. Agradecervos a vosa implicación e colaboración na educación dos vosos fillos  a pesares de ter pouco tempo libre, sempre dispostos a todo aquilo que se vos propuxo. Todo isto non sería posible sen as miñas compañeiras, un pilar básico para facer traballos conxuntos ; María, Pamela, Elena, as colaboracións da profe Reyes, Isa, Esther, Iris ....que sempre aportaron todo o seu apoio e colaboración. Gracias de corazón a todos/as. Dsifrutade moito dos vososo nenos/as que son xeniales!!!

Moitísimas gracias polo voso cariño!!!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario