Este curso remata a nosa etapa escolar en E. Infantil. Xa somos maiores e outra andaina educativa nos espera... pasamos a 1º de Primaria. Quixemos facer unha graduación e recordar moitos momentos vividos cos nosos compañeiros e amigos. Recibimos a nosa orla, un diploma e ata un video-montaxe coas nosas aventuras.
Moita sorte para todos/as, que, ainda que nos seguiremos a ver no colexio teño que despedirme como profe. Non vos olvidedes nunca das grandes amistades que fixestes nestes anos, dos momentos bos que pasamos xuntos e de todo o que nos queremos. Un bikiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario