O venres día 8 tivemos a sorte de que nos acompañara Nacho, un profesor de saxofón. Estivo connosco parte da mañá e durante todo este tempo deunos a coñecer a familia de saxos. Explicounos como son, cales sons as súas caraterísticas principais e mostrounos como soaba cada un deles. Finalmente deu un concerto exclusivo para nós. Pasámolo ESTUPENDAMENTE!! Bailamos, cantamos e mesmo algún ata chorou coa emoción...
¡¡Foi xenial terte connosco Nacho!!
¡Moitas grazas por adicarnos o teu tempo e ogallá que pronto volvamos a verte!
NACHO TOCANDO O SAXO BARÍTONO |
Foi un placer contar con esta colaboración tan especial e de tanto nivel. Nacho, esperamos disfrutar de novo da túa interpretación o vindeiro curso, porque deixaches abraiados tanto a alumnos como a profes, e estamos esperando unha segunda parte… ¡Noraboa!
ResponderEliminarOla a tod@s,
ResponderEliminarFoi un pracer compartir esa mañá con todos vós e alégrome que a actividade vos gustase e que pasárades un bo rato. Eu a verdade e que estiven moi cómodo e tamén o pasei fenomenal...
Moitas grazas pola boa acollida e polo trato recibido.
Un saúdo a todos e en especial á Clase dos Músicos
Nacho